Verkäufer
medimops, Berlin, Deutschland
Verkäuferbewertung 5 von 5 Sternen
AbeBooks-Verkäufer seit 10. Mai 2010
Gut/Very good: Buch bzw. Schutzumschlag mit wenigen Gebrauchsspuren an Einband, Schutzumschlag oder Seiten. / Describes a book or dust jacket that does show some signs of wear on either the binding, dust jacket or pages. Bestandsnummer des Verkäufers M08491213848-V
A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado. Pero... que é un tareco?, que ten de particular o tareco de Sara que non posúen os outros tarecos?
Über die Autorinnen und Autoren:
Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004), «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018), «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).
María Lires (A Coruña, 1973). Estudou na Escola de Artes Pablo Picasso e leva ilustrado numerosos títulos, entre outros: «Nassima, á sombra dos talibán» (2001), «A caixa do tesouro» (2001), «Enciclopedia galega» (2001), «A árbore» (2002), «A vaca» (2002), «A auga» (2002), «O lobo» (2002), «A folla seca» (2002), «Os irmáns Corazón de León» (Xerais 2003), «Cantos contos nun tris tras» (2003), «Dona e Don» (2004), «O vento de Antón» (Xerais 2004), «Contos de Circos, Cronopios e Avións» (2005), «Un mundo de continentes» (2006), «Cartas que veñen e van» (2006), «Soños de andel» (2009), «Bechos Pequerrechos» (texto e ilustracións, 2009), «Os tratantes de papagaios» (2009), «El hermano secreto de Caperucita R» (2010), «A tartaruga de Martiño» (2011), «Longa noite de pedra» (2011), «Animalario cotián... entre irmáns» (Xerais 2017), obra da que é autora do texto e das ilustracións, «Sara ten un segredo» (Xerais 2018), «Kusuma» (Xerais 2018), «Vento, ventiño, venteiro» (Xerais 2019) e «Garabitolas» (Xerais 2023).
Titel: Sara ten un segredo (INFANTIL E XUVENIL - ...
Verlag: Edicións Xerais
Erscheinungsdatum: 2018
Einband: Softcover
Illustrator: Lires, María
Zustand: very good
Anbieter: Imosver, PONTECALDELAS, PO, Spanien
Zustand: Nuevo. Lires, María (illustrator). A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado. Pero. que é un tareco?, que ten de particular o tareco de Sara que non posúen os outros tarecos? Artikel-Nr. 3109980688
Anzahl: 1 verfügbar