Verwandte Artikel zu Folerpas de Novoneyra: Biografía e antoloxía (INFANTIL...

Folerpas de Novoneyra: Biografía e antoloxía (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante) - Softcover

 
9788499141220: Folerpas de Novoneyra: Biografía e antoloxía (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante)
Alle Exemplare der Ausgabe mit dieser ISBN anzeigen:
 
 
Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza a escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha porta para entar na poesía silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A través de pequenas descubertas, de anécdotas simpáticas, dunha linguaxe asequible e dunha aproximación amigable aos seus poemas, visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel, a súa infancia, a Guerral Civil, a escritura d' Os Eidos, os días de Brais Pinto en Madrid, o compromiso coa lingua, a súa amizade con María Mariño, o Novoneyra beat do 68, a caligrafía, os seus libros infantís, Compostelaà Unha biografía e unha antoloxía de Uxío Novoneyra para lectores e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgación imprescindible para coñecer a figura das Letras Galegas 2010.

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

Biografía del autor:
Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), »Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), « Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), e «Transición» (libro-CD, 2011). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

  • VerlagXerais
  • Erscheinungsdatum2010
  • ISBN 10 8499141226
  • ISBN 13 9788499141220
  • EinbandTapa blanda
  • Anzahl der Seiten136

(Keine Angebote verfügbar)

Buch Finden:



Kaufgesuch aufgeben

Sie kennen Autor und Titel des Buches und finden es trotzdem nicht auf ZVAB? Dann geben Sie einen Suchauftrag auf und wir informieren Sie automatisch, sobald das Buch verfügbar ist!

Kaufgesuch aufgeben

Beste Suchergebnisse beim ZVAB