Conflito von vv aa (1 Ergebnisse)

Autor: 
Titel: 
Mit der Detailsuche verfeinern

Optimieren Sie Ihre Suche

  • Bücher (1)

  • Neu (1)

bis

Benutzerdefinierte Preisspanne (EUR)

bis

  • Sprache: Galizisch

    Verlag: TEMPO GALIZA, 2026

    9791399039078

    • Softcover

    Anbieter: Imosver, PONTECALDELAS, PO, SpanienImosver

    Verkäufer/-in mit 5 Sternen
    Verkäufer/-in kontaktieren

    Zustand: Neu

    EUR 14,25

    EUR 28,60 Versand 
    Versand von Spanien nach USA

    Anzahl: 8 verfügbar

    Zustand: Nuevo. Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non constitúe un conxunto disperso de estudos sobre a realidade cultural, lingüística e histórica de Galiza. Todos eles forman un corpus nutrido por un mesmo fin: «desvendar» a Galiza que aparece agochada ou deturpada para que sexa «outra cousa, non un país negado, autodescoñecido, manipulado e cheo de indignidades e eivas colectivas». Si, unha obra que explica un tempo e constribúe a construír conciencia patriótica galega, porque amosa que Galiza existe, que ten razón de ser e que coñecela é o primeiro paso para afirmala. E Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza reafírmase aquí, con medio século de vida, como ensaio de referencia vital para comprender o pasado e combater a asfixia que está a padecer o galego como lingua propia no actual marco político e normativo «autonómico». Este libro colectivo, conformado por trece colaboracións, incide na vixencia e na importancia deste ensaio, estimulando a súa lectura desde perspectivas diversas en diálogo co texto orixinal, alén de proxectar a vitalidade e fortaleza do pensamento do seu autor, sempre acción mobilizadora para existirmos como nación.…