9788410324770 - o lapis do mono (poesía, band 142) von seoane, xavier (2 Ergebnisse)

- Softcover
Anbieter: Majestic Books, Hounslow, , Vereinigtes KönigreichMajestic Books
Verkäufer/-in kontaktierenVerkäufer/-in mit 4 SternenZustand: Neu
EUR 24,96
EUR 7,49 VersandVersand von Vereinigtes Königreich nach USAAnzahl: 1 verfügbar
Zustand: New.

- Softcover
Anbieter: Imosver, PONTECALDELAS, PO, SpanienImosver
Verkäufer/-in kontaktierenVerkäufer/-in mit 5 SternenZustand: Neu
EUR 14,15
EUR 28,60 VersandVersand von Spanien nach USAAnzahl: Mehr als 20 verfügbar
Zustand: Nuevo. O lapis do mono é o terceiro libro de aforismos do autor, logo de Arca cotidiana / Irispaxaros (1984) e Da rocha imantada (Laiovento, 2010). Xavier Seoane leva toda a vida escribindo aforismos e no presente volu-me recolle a súa produción entre os anos 2010 e 2020. A súa dedicación ao xénero inclúe tamén un libro… de artista, Irispaxaros, que o gravador Manuel Facal realizou sobre unha antoloxía das súas creacións. Da súa autoría é tamén a edición, en colaboración con Francisco Pillado, dunha ampla antoloxía de aforismos de 48 autores galegos, titulada Os aforismos do riso futurista (Ed. Xerais, 2016). O aforismo, coa súa concentración e brevidade, é un xénero moi do noso tempo. Que, por fragmentario ou parco que aparente, constitúe un ente autónomo, completo, que absorbe moita enerxía nun molde reducido. O aforismo integra elementos que van da filosofía á poesía, da ética á estética, do humor ao ludismo, da creatividade filolóxica e lingüística ás inmersións no psiquismo, da subversión á retranca, do enxeño á sabedoría, do paradoxo ao siloxismo, do xogo verbal á sentenza, da imaxinación á ironía. Pois nada cae fóra das virtualidades incisivas do aforismo. No noso momento histórico e cultural, o aforismo literario está a alcanzar valores relevantes no campo da literatura. È un xénero atractivo e en ascenso. Que está a vivir un momento de ampliación da súa esen-cia, recursos e proxección. Porque se trata dun instrumento aberto, en constante metamorfose, con tantas poéticas como autores o practican. Se aínda non existe consenso sobre o que é un poema, ou unha novela, como o ía haber sobre un xénero de tanta virtualidade estética e de configuración formal tan diversa. O ensaísta e pensador Antón Baamonde, no prólogo, sinala o humor, a diatriba, a chispa, a retranca e a lírica como claves deste libro. Para concluír: "Verdades amenas, que máis se pode pedir?".