Verlag: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2021
ISBN 10: 8481589047 ISBN 13: 9788481589047
Sprache: Englisch
Anbieter: AG Library, Malaga, MA, Spanien
Zustand: New. Idioma/Language: Gallego. Frauenburg, 24 de maio de 1543. No leito de morte, Nicolás Copérnico ve por vez primeira un exemplar da obra que acaba de publicar, titulada De revolutionibus orbium coelestium. Trátase dun conxunto de libros científicos nos que presenta unha idea revolucionaria, que dubidou moito tempo antes de dar a coñecer, pois sabe que con ela se abrirá a caixa de Pandora: é a Terra a que xira ao redor do Sol e non á inversa. Ese mesmo día morre, quedando a salvo de represalias. Non tardará o texto en pasar a formar parte da lista de libros prohibidos pola Igrexa. Pero nada evitará que outros tomen o testemuño, sufrindo por elo duros castigos: Giordano Bruno morrerá na fogueira, e Galileo Galilei deberá abxurar en público desta idea. Pero aínda que tarde, a verdade acabará por abrirse camiño. Neste libro presentamos o primeiro libro de Copérnico, traducido directamente ao galego dende o orixinal en latín, así como unha biografía do autor e un estudo crítico da obra. En homenaxe aos seus continuadores incluímos tamén a tradución ao galego da sentenza que condenou a Galileo en 1633 e a abxuración que se viu obrigado a pronunciar para salvar a vida. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Verlag: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2024
ISBN 10: 8411880001 ISBN 13: 9788411880008
Sprache: Galizisch
Anbieter: AG Library, Malaga, MA, Spanien
Zustand: New. Idioma/Language: Español. Esta historia comeza arredor dunha mesa de xogo, na Francia de mediados do século XVII. A mesa na que Antoine Gombaud gasta o tempo xogando aos dados. Adoita apostar a conseguir un dobre seis en 25 oportunidades, pois de tantas partidas sabe que é unha aposta gañadora en máis da metade dos casos. Curiosamente, para obter un seis cun único dado abonda con catro lanzamentos para ter vantaxe, feito inexplicable considerando as proporcións entre un caso e o outro. Por que 25 e non 24? Un día, coincide nunha viaxe cun afamado científico, Blaise Pascal, preguntándolle a razón dese fallo na Aritmética. E o aludido comunícalle o asunto a un colega, tamén afeccionado ás matemáticas: Pierre de Fermat. Ambos resolven o problema independentemente, compartindo os seus descubrimentos por carta. E o que comezou como curiosidade dun xogador impenitente acaba sendo o xerme dunha nova ciencia: a teoría da probabilidade. A explicación do azar mediante as matemáticas. E Pascal, entendendo o alcance do traballo desenvolvido, define este novo saber como a matemática do azar. Neste texto presentamos a tradución ao galego das cartas conservadas, xunto coas explicacións matemáticas do seu contido. Veremos o carácter e as relacións entre os autores, xunto coas situacións vitais que van atravesando, pois as misivas adoitan conter referencias persoais e históricas. Saberemos as fórmulas de cortesía de uso obrigado entre autores de ciencia, traballo daquela a cargo maioritariamente de afeccionados. Os xigantes a cuxos ombros se subirían despois Newton e outros para ver máis lonxe. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Zustand: New. Idioma/Language: Español. @import url( mujeres que se han dedicado a la ciencia, en particular a las matemáticas, son poco conocidas y reconocidas. Sin embargo, han realizado grandes aportaciones al álgebra, a la geometría o al cálculo, por citar algunas disciplinas. Probablemente, a pesar de las muchas prohibiciones que han sufrido las mujeres a lo largo de la historia, las matemáticas tienen un matiz especial: la fase más creativa puede realizarse muchas veces en solitario. ¿Y quién puede prohibirte pensar? ¿Quién puede controlar tu imaginación? "Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos" es un homenaje a las mujeres que, a pesar de todas las vicisitudes sufridas, han "brillado" en matemáticas. Pero también desea reconocer a aquellas que han sabido enseñar y transmitir con pasión esta materia durante generaciones y generaciones. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Anbieter: Majestic Books, Hounslow, Vereinigtes Königreich
EUR 30,24
Anzahl: 1 verfügbar
In den WarenkorbZustand: New.
Verlag: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2024
ISBN 10: 8411880079 ISBN 13: 9788411880077
Sprache: Galizisch
Anbieter: AG Library, Malaga, MA, Spanien
Zustand: New. Idioma/Language: Gallego. Este libro de texto inclúe o contido das dúas materias de Matemáticas do primeiro curso do grao de Ciencias do Mar. Preténdese dotar o estudante de capacidade para comprender e utilizar a linguaxe matemática, para asimilar novos conceptos, adquirir habilidades de cálculo e propoñer modelos matemáticos sinxelos, tamén é desexable que o estudante se adestre no uso de aplicacións informáticas para experimentar en matemáticas e resolver problemas. Recóllense os resultados teóricos necesarios e, sobre todo, unha ampla recompilación de exercicios como material de traballo para o alumnado, algúns resoltos con todo detalle, outros cunha resolución menos pormenorizada e tamén moitos propostos, a maior parte coa solución final. Obviamente este material pode ser usado para as materias de matemáticas de outras titulacións aínda que non teñan un programa tan extenso. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Zustand: New. Idioma/Language: Gallego. Cunha linguaxe asequible a todos os públicos, este libro percorre a historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual. Permitiranos coñecer historias e anécdotas relacionadas coas matemáticas e coas persoas que realizaron as diferentes propostas. Saberemos, por exemplo, a razón do uso da letra «x» para indicar o descoñecido, descubriremos cal é o mellor método para empaquetar esferas ou sorprenderémonos coa utilidade do número «e» para buscar a parella ideal. E tamén teremos a oportunidade de resolver crebracabezas, enigmas e pasatempos que, sen dúbida, espertarán a nosa curiosidade matemática. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.