Verkäufer
Imosver, PONTECALDELAS, PO, Spanien
Verkäuferbewertung 5 von 5 Sternen
AbeBooks-Verkäufer seit 15. September 2015
Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e bate en nós a través dunha mensaxe íntegra, chea de rebeldía, insumisión, vitalidade e futuro. Bestandsnummer des Verkäufers 0010229130
Libro de poemas sobre a capacidade transformadora do corpo e das identidades sexuais.
Über die Autorin bzw. den Autor: Daniel Asorey Vidal (Santiago de Compostela), profesor de lingua galega e literatura, é autor de artigos e libros de texto. Os seus poemarios máis destacados son «Transmatria» (Xerais, 2019), Premio Johán Carballeira 2018; «Contra natura», Premio González Garcés 2020, e «Negras» (Xerais, 2022). Como narrador, con «Nordeste» obtivo o Premio Repsol de Narrativa Breve (2016) e foi finalista dos Premios da Crítica de Galicia (2017) e do San Clemente (2017); coa novela «As mulleres da fin do mundo» (Xerais, 2019) foi finalista da XXXIII edición do Premio Xerais de Novela. Alén diso, obtivo o Premio Nélida Piñón de Relato (2018), o Certame de Narracións Manuel Murguía (2002), o Terra de Melide (2001), o Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e foi premiado no certame 17 de Maio da Facultade de Filoloxía da USC. O feminismo, a reivindicación do movemento anticolonial e das identidades non heteronormativas son constantes na súa obra.
Titel: Transmatria
Verlag: XERAIS
Erscheinungsdatum: 2019
Einband: Softcover
Zustand: Nuevo