Verwandte Artikel zu Pernascochas (Quiricos, Band 5)

Pernascochas (Quiricos, Band 5) - Hardcover

Domínguez Veiga, Ramón

 
9788412917499: Pernascochas (Quiricos, Band 5)

Inhaltsangabe

«Marcelina: ese é o meu nome. E esta é a miña historia. Ou parte dela. Un anaco de vida que non durou nin unha semana, pero que algo me di que vai ser difícil de esquecer. Ou, se cadra, imposible.» Pernascochas é unha novela sobre o poder da amizade, os sentimentos e, alá no fondo, tamén sobre o primeiro amor.

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

Über die Autorin bzw. den Autor

Ramón D. Veiga leva toda a vida rodeado de libros, paixón que o levou a estudar Filoloxía, a traballar no eido da edición e a escribir máis dunha vintena de historias, a maior parte delas destinadas ao público infantil. Con algunhas, mesmo gañou premios como o Arume de Poesía para a Infancia por Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente, o Premio de Poesía para Nenos El Príncipe Preguntón por O delirante restaurante de Héctor Mórtimer e a súa clientela aberrante, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia por Medo me dá! ou o I Premio de Literatura Infantil Jaime Olmedo Limeses por Pernascochas. Tamén é autor, xunto co ilustrador Iván R., da serie de cómic «Lombriz».

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.