Verwandte Artikel zu Os abandonos (Biblioteca Riveiro Coello, Band 1)

Os abandonos (Biblioteca Riveiro Coello, Band 1) - Softcover

Riveiro Coello, Antón

 
9788411766036: Os abandonos (Biblioteca Riveiro Coello, Band 1)

Über die Autorin bzw. den Autor

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destacan A quinta de Saler (Galaxia, 1999); Animalia (Galaxia, 1999, Premio Café Dublín); As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000, Premio García Barros); Homónima (Galaxia, 2001, Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa); Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007); As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011, Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento); Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015, Premio Fervenzas Literarias); A ferida do vento (Galaxia, 2016, Premio Frei Martín Sarmiento); Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); O paraíso dos inocentes (Galaxia, 2020, Premio Torrente Ballester), Días de intemperie (Galaxia, 2022) e Hotel Carioca (Galaxia, 2023, Premio Álvaro Cunqueiro de Novela e Premio San Clemente).

Von der hinteren Coverseite

Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión de internar a nai nunha residencia da terceira idade. Mais, no último momento, Delfina desaparece sen deixar rastro e as fillas prepáranse para o peor, porque nesa espera caben todas as desgrazas. O que non imaxinan é que levan vivindo toda a vida cunha descoñecida. No camiño desta novela, absorbente e dura, escrita desde a dor e as feridas de Lucía, o autor vainos enfrontando con temas delicados, como os coidados, a vellez, a saúde mental, os abusos e os sentimentos familiares.

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.