Bonecas (Árbore, Band 277) - Softcover

Castro, Raquel

 
9788411763776: Bonecas (Árbore, Band 277)

Inhaltsangabe

PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2024 Á tenda de Xurxo, Xoguetes e brinquedos, chega Lois, un xoguete moi especial: un robot dotado dunha intelixencia superior, que non quere pertencer a ninguén. Alí atoparase con Lara, a boneca chorona, e con Filipa, a boneca cantareira, que desexan coñecer mundo e deixar de estar pechadas nun escaparate. Chegarán os nosos inventos a superarnos en intelixencia e sentimentos ata o punto de vivir pola súa conta?

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

Über die Autorinnen und Autoren

Raquel Castro (Alxén, Salvaterra de Miño, 1971) é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica e traballa como profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. É presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999, e todas as súas obras de teatro están destinadas a ser interpretadas polo grupo de teatro infanto-xuvenil Ata Sempre. Algunhas das obras que estes nenos e nenas levaron á escena foron premiadas, como As terapias da doutora Ledicia, cunha Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014). Desta mesma Gala, en 2019, foi finalista A formiga fóra do carreiro (2018), como mellor libro de teatro en galego de 2018 en Fervenzas Literarias, e gañou o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia 2022 da MITCF coa peza Xa está aquí. Ademais das obras citadas, tamén publicou Bestiario doméstico (2017), Dormente (2021), Planeta Bugallo (OEPLI, 2022), e Sobremesas sobre versos (2023), premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022. Participou nos libros colectivos O libro da música (2021) e O libro da rosa (2022), todos eles en Editorial Galaxia.

Eva Agra Komorevi (Santiago de Compostela, 1990) traballa como ilustradora, muralista e educadora artística dende hai unha década. Estudou Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo e posteriormente Ilustración na EASD Antonio Faílde. Baixo o pseudónimo de Komorevi desenvolve a súa liña de traballo fortemente ligada a valores como a igualdade, a defensa dos dereitos humanos e o coidado nos procesos creativos e da saúde mental. Cunha liña gráfica moi persoal, influenciada polo manga e o anime xaponeses, crea personaxes, historias e ilustracións que transitan entre a fantasía, a dozura e a parte máis escura das emocións humanas. Malia que se desenvolve profesionalmente de xeito independente, o traballo en colectividade é un factor importante ao longo de toda a súa carreira profesional. Primeiramente como socia fundadora de 7H Cooperativa Cultural en 2015, onde traballou durante case unha década desenvolvendo proxectos artísticos de impacto social, e na actualidade vinculada a asociacións profesionais como a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) ou formando parte de colectivos artísticos informais como As Paxaras.

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.